Sobre as camisetas de fútbol
Cando me empezou a gustar o fútbol sospeito que iso tamén espertou en min unha especial curiosidade polo deseño das camisetas que aínda me dura hoxe en día. De feito, un dos máis grandes motivos polos que me fixen do Dépor, aparte de que estaba de moda, era polo deseño da súa “camiseta de Feiraco” como se coñece popularmente.
Bocetei innumerables uniformes futboleiros nos meus cadernos da escola e na casa. Era un dos meus máis divertidos pasatempos. Gustábame imaxinar como sería a camiseta de calquera equipo se o vestise outra marca, e sen sabelo xa estaba a facer os meus primeiros exercicios como deseñador gráfico.
Hoxe temos unhas ferramentas magníficas para poder deseñar e recrear case calquera indumentaria que imaxinemos. As que vos vou mostrar a continuación foron deseñadas co EAFC Kit Creator e renderizadas despois co Google AI Studio.
Aclaro: estas camisetas son ficticias e o Dépor ou Kappa non teñen nada que ver con elas.



