E o capitán levou o seu premio

De esquerda a dereita: Eu, Ricardo Fontoira, Pepe Otero e Lino Prieto
«A min sempre me gustou (sic) as letras e aínda agora gústame rotular. Son mariñeiro, rotulei moitos barcos dos meus compañeiros e outros máis sen ánimo de lucro porque me gustaba».
O señor Ricardo «Raúl» Fontoira foi condecorado polo Concello d’O Grove coa Centola de Ouro nunha gala celebrada o pasado 10 de outubro, recoñecéndoselle así o seu traballo como afoliador ou rotulista de tantos barcos co seu estilo tan persoal e vistoso que forma parte inevitablemente da paisaxe portuaria local desde hai moitas décadas.
Vídeo da gala completa en YouTube:
Não perca o que vem a seguir. Inscreva-se em As movidas de Rubén: